Sobre nós

Andaina Pro Saúde Mental somos unha asociación sen ánimo de lucro que naceu no ano 2010 para cubrir un baleiro que existía na atención global ás persoas con problemas de saúde mental das zonas rurais próximas a Santiago de Compostela.

Os nosos propósitos

O noso propósito é prestar apoio ás persoas con problemas de saúde mental, aos seus familiares e achegados, fomentando a súa autonomía e dando sentido ao seu desenvolvemento cotiá.

 

Para iso, apostamos por unha vida activa a nivel físico, social e laboral, da que as propias persoas con problemas de saúde mental deben ser corresponsables. Buscamos a mellora da calidade de vida das persoas coas que traballamos e loitamos pola defensa dos seus dereitos.



Equipa de traballo

Xa que somos conscientes de que este traballo non é sinxelo, Andaina Pro Saúde Mental está formada por persoas con problemas de saúde mental e familiares, así como por un grupo de profesionais con experiencia no eido da saúde mental. 


Contacto Ordes

Rúa Emilia Pardo Bazán 14

15680 Ordes - A Coruña

Tlf: 981 076 405 / 613 071 703

Nº REXISTRO SANITARIO: C-15-003359

Contacto Dodro

Lugar de Vigo, 138 (A Paxareira)

15981 Dodro - A Coruña

Tlf: 981 802 078 / 650 270 824

Nº REXISTRO SANITARIO: C-15-002879

Servizos

Información, asesoramento e apoio

Rehabilitación

Atención en domicilios no ámbito rural

Formación prelaboral

Participación sociocomunitaria


Esta web foi financiada coa colaboración de  Feafes Galicia e a Consellería de Política Social