Segundo a Organización Mundial da Saúde, “a saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades”. Polo tanto, se queremos ter unha boa saúde, debemos coidar tamén a saúde mental.
Coa fin de colaborar na normalización das persoas con problemas de saúde mental que viven no entorno rural, así como facilitarlles apoios e recursos de utilidade para a súa vida diaria, en Andaina Pro Saúde Mental ofrecemos os seguintes servizos:
Nesta sección pretendemos dar visibilidade ós organimos públicos e privados que nos axudan económicamente para desenvolver os nosos servizos.
Para levar a cabo a súa actividade e prestar os seus servizos, Andaina Pro Saúde Mental conta con dous Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (C.R.P.L.) nos que se ofrece unha atención diúrna e multidisciplinar. Ademais, a asociación ten un Centro Especial de Emprego (C.E.E.) para a elaboración de bebidas fermentadas e zumes.