Actividades

Coa fin de colaborar na normalización das persoas con problemas de saúde mental que viven no entorno rural, así como facilitarlles apoios e recursos de utilidade para a súa vida diaria, en Andaina Pro Saúde Mental ofrecemos as seguintes actividades:

OBRADOIROS DE ARTE-TERAPIA

Talleres de artes plásticas, teatro, manualidades, etc... que favorecen a psicomotricidade das persoas e a súa capacidade de expresión persoal dende distintas áreas artísticas.


CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO

Ofrecemos unha serie de actividades orientadas a mellorar a empregabilidade das persoas con problemas de saúde mental, fortalecendo as súas competencias e habilidades de forma individualizada de acordo á situación de cada quen. O obxectivo principal destas accións é facilitar a incorporación das persoas con problemas de saúde mental ao mundo laboral.

 


FOMENTO DO DEPORTE

Dende Andaina promovemos a práctica de diferentes deportes coma ping pong, futbol, etc, cos que fomentamos un ocio saudable que millora a forma física das persoas e lles proporciona outro xeito de relacionarse socialmente e desfrutar do seu tempo de lecer.


TALLERES DE COCIÑA

Tódalas semanas desenrolamos talleres de cociña nos que as persoas aprenden a desenvolverse millor nese ámbito co fin de chegar a ser máis autosuficientes. 

 


RADIO

Realizamos actividades tales como a emisión dun programa semanal en Radio Valga ou a representación de obras teatrais polas comarcas da zona. Tamén realizamos accións de comunicación e sensibilización, así como actividades de ocio e tempo libre. 


HORTA

Contamos con varios espazos nos que realizamos actividades de horticultura nos que as persoas participantes aprenden distintas técnicas e procesos cos que desenvolven unha actividade enriquecedora e acadan un coñecemento práctico neste eido. 


IGUALDADE

Tamén realizamos charlas, obradoiros e mesas redondas sobre igualdade nos que os familiares acadan unha formación e coñecementos moi útiles para enfrontarse a distintas problemáticas no día a día.


PRELABORAL

Ofrecemos unha serie de actividades orientadas a mellorar a empregabilidade das persoas con problemas de saúde mental, fortalecendo as súas competencias e habilidades de forma individualizada de acordo á situación de cada quen. O obxectivo principal destas accións é facilitar a incorporación das persoas con problemas de saúde mental ao mundo laboral.

 

Para iso, contamos cun Centro Especial de Emprego centrado na produción de sidra e zumes. Previamente ao acceso a este centro, as persoas usuarias fórmanse para o posto de traballo específico de elaboración de bebidas fermentadas e zumes, adquirindo formación teórica e outras habilidades tales como puntualidade, cumprimento das tarefas e dos horarios, traballo en equipo, etc.