Saúde mental

Segundo a Organización Mundial da Saúde, “a saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades”. Polo tanto, se queremos ter unha boa saúde, debemos coidar tamén a saúde mental.

 

Cando unha persoa ten un problema de saúde mental, prodúcese unha alteración emocional, cognitiva ou do comportamento que afecta a determinados procesos como a emoción, a motivación, a cognición, a conciencia, a conduta, a percepción, a aprendizaxe e a linguaxe. Isto xera malestar na persoa e dificulta a súa adaptación ao ámbito cultural e social no que vive.

Falamos de enfermidades mentais cando nos referimos a trastornos do estado de ánimo (trastorno bipolar, depresión), trastornos de ansiedade (trastorno obsesivo-compulsivo, fobias), trastornos relacionados con substancias, trastornos psicóticos (esquizofrenia), trastornos da personalidade, trastornos alimenticios, etc.

Segundo a OMS, unha de cada catro persoas terá un problema de saúde mental ao longo da súa vida. En Galicia, son arredor de 55.000 as persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental. É importante saber que as enfermidades mentais poden tratarse para que as persoas que as teñen poidan recuperarse ou mellorar considerablemente a súa calidade de vida. 

 


Contacto Ordes

Rúa Emilia Pardo Bazán 14

15680 Ordes - A Coruña

Tlf: 981 076 405 / 613 071 703

Nº REXISTRO SANITARIO: C-15-003359

Contacto Dodro

Lugar de Vigo, 138 (A Paxareira)

15981 Dodro - A Coruña

Tlf: 981 802 078 / 650 270 824

Nº REXISTRO SANITARIO: C-15-002879

Servizos

Información, asesoramento e apoio

Rehabilitación

Atención en domicilios no ámbito rural

Formación prelaboral

Participación sociocomunitaria


Esta web foi financiada coa colaboración de  Feafes Galicia e a Consellería de Política Social