Atención a Domicilios no Ámbito Rural

Para aquelas persoas con enfermidade mental crónica de longa duración que se atopan en situacións de alta conflitividade familiar, elevado nivel de dependencia e pouca conciencia da enfermidade, ofrecemos apoio e atención no fogar. Para iso, temos en conta as características específicas do entorno rural e as necesidades psicolóxicas e sociais destas persoas e das súas familias, tratando de aumentar a súa autonomía persoal, mellorar os vínculos familiares, fomentar a inserción social e prever a dependencia.

 

A intervención que se realiza é individualizada e adaptada á situación particular de cada persoa, identificando previamente as súas necesidades e deseñando un plan de traballo dende os eidos psicolóxico, social e sanitario. A fin última deste servizo é lograr a integración destas persoas na comunidade da súa contorna.


Contacto Ordes

Rúa Emilia Pardo Bazán 14

15680 Ordes - A Coruña

Tlf: 981 076 405 / 613 071 703

Nº REXISTRO SANITARIO: C-15-003359

Contacto Dodro

Lugar de Vigo, 138 (A Paxareira)

15981 Dodro - A Coruña

Tlf: 981 802 078 / 650 270 824

Nº REXISTRO SANITARIO: C-15-002879

Servizos

Información, asesoramento e apoio

Rehabilitación

Atención en domicilios no ámbito rural

Formación prelaboral

Participación sociocomunitaria


Esta web foi financiada coa colaboración de  Feafes Galicia e a Consellería de Política Social