Para levar a cabo a súa actividade e prestar os seus servizos, Andaina Pro Saúde Mental conta con dous Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (C.R.P.L.) nos que se ofrece unha atención diúrna e multidisciplinar. Ademais, a asociación ten un Centro Especial de Emprego (C.E.E.) para a elaboración de bebidas fermentadas e zumes.
No C.R.P.L. de Ordes foméntase a adquisición de habilidades por parte das persoas con problemas de saúde mental para favorecer a súa integración social e laboral. Posto en marcha no 2014, atende á poboación dos concellos de Ordes, Oroso, Mesía, Frades, Trazo, Cerceda e Tordoia.
No C.R.P.L. de Dodro foméntase a adquisición de habilidades por parte das persoas con problemas de saúde mental para favorecer a súa integración social e laboral. Posto en marcha no 2012, atende á poboación dos concellos de Padrón, Rois, Dodro, Valga, Pontecesures e Rianxo.
Andaina PSM Emprego S.L.U. é unha empresa social recoñecida pola Xunta de Galicia que ten por obxectivo insertar no mercado laboral ás persoas con problemas de saúde mental.