Talleres de rehabilitación

Realizamos actividades de rehabilitación psicosocial para persoas con problemas de saúde mental e os seus familiares, favorecendo así a recuperación funcional nas tarefas da vida diaria. Trabállase nos eidos social, laboral, psicolóxico e de saúde, fomentando a autonomía destas persoas de cara á súa integración social e laboral.

 

A atención que se ofrece a cada persoa é personalizada e responde á súa situación e inquedanzas. Trabállase tanto coas persoas con problemas de saúde mental como cos seus familiares, ofrecendo intervencións individuais e actividades grupais. Algunhas destas son talleres de habilidades sociais, grupos de apoio, rehabilitación cognitiva, arteterapia, cociña, educación para a saúde, deporte e informática. 


Estes son algúns exemplos dos talleres e actividades que facemos en Andaina PSM

OBRADOIROS DE ARTE-TERAPIA

Talleres de artes plásticas, teatro, manualidades, etc... que favorecen a psicomotricidade das persoas e a súa capacidade de expresión persoal dende distintas áreas artísticas.



FOMENTO DO DEPORTE

Dende Andaina promovemos a práctica de diferentes deportes coma ping pong, futbol, etc, cos que fomentamos un ocio saudable que millora a forma física das persoas e lles proporciona outro xeito de relacionarse socialmente e desfrutar do seu tempo de lecer.


TALLERES DE COCIÑA

Tódalas semanas desenrolamos talleres de cociña nos que as persoas aprenden a desenvolverse millor nese ámbito co fin de chegar a ser máis autosuficientes. 

 


RADIO

Realizamos actividades tales como a emisión dun programa semanal en Radio Valga ou a representación de obras teatrais polas comarcas da zona. Tamén realizamos accións de comunicación e sensibilización, así como actividades de ocio e tempo libre. 


HORTA

Contamos con varios espazos nos que realizamos actividades de horticultura nos que as persoas participantes aprenden distintas técnicas e procesos cos que desenvolven unha actividade enriquecedora e acadan un coñecemento práctico neste eido. 


IGUALDADE

Tamén realizamos charlas, obradoiros e mesas redondas sobre igualdade nos que os familiares acadan unha formación e coñecementos moi útiles para enfrontarse a distintas problemáticas no día a día.


Contacto Ordes

Rúa Emilia Pardo Bazán 14

15680 Ordes - A Coruña

Tlf: 981 076 405 / 613 071 703

Nº REXISTRO SANITARIO: C-15-003359

Contacto Dodro

Lugar de Vigo, 138 (A Paxareira)

15981 Dodro - A Coruña

Tlf: 981 802 078 / 650 270 824

Nº REXISTRO SANITARIO: C-15-002879

Servizos

Información, asesoramento e apoio

Rehabilitación

Atención en domicilios no ámbito rural

Formación prelaboral

Participación sociocomunitaria


Esta web foi financiada coa colaboración de  Feafes Galicia e a Consellería de Política Social