A TENDA

Un dos obxetivos principais que perseguimos en Andaina é a inserción laboral de persoas con problemas de saude mental no rural.  Para conseguir esto, decidimonos a crear o noso propio centro especial de emprego , en Maio do 2017.

 

Isto é unha empresa adaptada as características dos /as nosos/as usuario/as e coa que pretendemos aproveitar toda a enerxía , capacidade e ilusioón da nosa xente para elaborar un producto de calidade.

 

A nosa producción é artesanal e natural; non utilizamos aditivos e só usamos materia prima galegaNon temos ánimo de lucro, os nosos beneficios serán destinados a contratar a máis persoas con problemas de saúde mental, cantos/as máis mellor!

OS NOSOS PRODUTOS

Zume de Arando

Zume de Arandos natural.  

Zume de froita 100%.

Sen diluir. Sen conservantes, colorantes nin edulcorantes. Non procede de concentrado.

--------------------------------------------------------------

Obtido por prensado mecánico e conservado mediante unha pasteurización suave para preservar as súas propiedades.

 

As variedades de arandos son: legacy, Duke, Top self, blue Gibbon, aurora, ochlockonee, powder blue e centra blue.

 

Proceden de Horticina, unha empresa de Ferrolterra que se dedica ao cultivo natural de arandos para consumo directo.

 

Numerosos estudios desta froita, indican que son especialmente beneficiosos para afeccións da vista e na prevención de infeccións das vías urinarias e son ricos en antioxidantes e flavonoides e baixos en azúcares o que axuda no coidado da saúde.

Zume de Mazá

Zume de mazán natural. Zume de froita 100%. Sen sucre. Sen diluir. Sen conservantes, colorantes, nin edulcorantes. Non procede de concentrado.

--------------------------------------------------------------

Obtido por prensado mecánico e

conservado mediante unha pasteurización suave para preservar as súas propiedades.

 

Galicia é unha terra rica en variedades de mazáns, temos unhas 400 variedades e a

maioría descoñecidas, estamos a esquencernos dun valioso patrimonio.

 

Andaina PSM Empregro quere contribuir a recuperar e dar a coñecer diferentes variedades de mazáns.

 

Facemos zume de mazán para conservar a esencia dunha froita abundante e para poñer en valor un froito que hai en excedente e que se desperdicia.

 

Procesamos diferentes variedades de mesa e sidra, pero as que máis abundan son: principe, bico de lebre, reineta, raiña de reineta, camoesa, de rabo longo, de pedra, de cera, marafouzas, sapo de coiro, de inverno, rabiosa, etc.

 

Algunhas proceden do excedente de fincas que donan a súa froita, estas recollémolas en sitios cercanos como Carcacía, Rianxo, Ribeiras do Ulla, Val da Maía. Outras mercámolas en fincas do Val do Naseiro que venden mazán para sidra..

 

O zume de mazán é moi apreciado polas súas bondades en temas estomacais.

Sidra artesá

Unha sidra 100% natural é artesá feita con mazá galega.

--------------------------------------------------------------

Cando disfrutas da Sidra Artesá ANDAINA, estás colaborando nun proxecto de inserción laboral en saúde mental dando a posibilidade de realizar un traballo remunerado e cun bo produto final.