En Andaina Pro Saúde Mental cremos que a transparencia debe ser un valor fundamental da nosa entidade. Por iso, queremos explicar o resultado do noso traballo dun xeito claro e responsable.
Tan importante é lograr os nosos obxectivos como facelo de forma ética e transparente. Isto implica, entre outras cousas, comunicar a orixe e o destino de todos os nosos fondos.
Durante os anos que levamos de percorrido, Andaina Pro Saúde Mental foi dando pasos cara á súa profesionalización e a mellora dos seus servizos. Velaquí os documentos que acreditan o quefacer da nosa asociación.